O autor

 

O escritor lucense Claudio Rodríguez Fer cultivou, en lingua galega, a poesía, a narrativa breve, a historia de vida e viaxe, o teatro, o guión cinematográfico e o ensaio, e, en lingua castelá, profesou o hispanismo. Reuniu a súa obra poética en Amores e clamores, a súa obra narrativa en Contos e descontos e boa parte da súa obra ensaística en Poesía galega e en Acometida atlántica.

Foi catedrático de ensinanza media en Galicia e profesor das Universidades da Cidade de Nova York, da Alta Bretaña en Rennes, da Bretaña Sur en Lorient e de Santiago de Compostela, onde actualmente é director da Cátedra Valente de Poesía e Estética e codirector da revista de investigación Moenia. Coordina con Carmen Blanco Unión Libre. Cadernos de vida e culturas, e promoveu a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo. Así mesmo, dirixiu diversos congresos e encontros e participou en decenas de actas, enciclopedias e revistas europeas e americanas, e interveu publicamente en espazos culturais e universitarios de Europa, América e África.

Entre outros recoñecementos, no campo da poesía, recibiu o Premio da Crítica Española por Tigres de ternura; no campo da investigación, por dúas veces o Premio Losada Diéguez, respectivamente por Poesía galega e por A literatura galega durante a guerra civil; no campo académico, o Premio Extraordinario de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela e o Doutoramento Honoris Causa da Universidade da Alta Bretaña en Rennes, e, no campo cívico, a Presidencia de Honra da Asociación Memoria do Exilio dos Republicanos Españois en Brest e o Premio Galiza Mártir pola Recuperación da Memoria Histórica da Fundación Alexandre Bóveda.

Tradutor de Emily Dickinson ao galego, foi traducido á sua vez a numerosos idiomas e obxecto dos libros Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (1996) e O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1998), de Olga Novo, e Os mundos de Claudio Rodríguez Fer (1998) de Natalia Regueiro.

POESÍA EN GALEGO

Poemas de amor sen morte (1979)

Tigres de ternura (1981)

Cinepoemas (1983)

Historia da lúa (1984)

A boca violeta (1987)

Lugo blues (1987)

Vulva (1990)

Cebra (1991)

A muller núa (1992)

Extrema Europa (1996)

A unha muller descoñecida (1997)

Rastros de vida e poesía (2000)

A vida. Gravados sobre corpo (2002)

A loita continúa (2004)

Viaxes a ti (2006)

Ámote vermella (2009)

Unha tempada no paraíso (2010)

Amores e clamores. Poesía reunida (2011)

Terra extrema de radiación amorosa (2011)

POESÍA EN TRADUCIÓN

Tigres de ternura / Tigres de ternura (1982) Castelán

“Beyond and other poems” (1999-2000) Inglés

Moito máis que mil anos / Muioc’h kalz eget mil bloaz (2000) Bretón

Viaxes a ti / Voyages à toi (2008) Francés

Tigres de ternura / Tender Tigers (2012) Inglés

O cuarto bretón / La pièce bretonne (2014) Francés

Revolución rosaliana en Nova York / Rosalía’s Revolution in New York (2014) Inglés

Ansia das alas / L’ansia di avere le ali (2015) Italiano

Icebergs (Micropoemas reunidos) (2015) Castelán

Amores sen morte / Deathless Loves (2015) Inglés

Os amores profundos / Les amours profonds (2016) Francés

Anarquista o nada (2016) Castelán

NARRATIVA EN GALEGO

Meta-relatos (1988)

A muller loba (1993)

Belas e bestas (2002)

O muiñeiro misterioso (2005)

A bela mestra (2005)

Os paraísos eróticos (2010)

Meus amores celtas (2010)

Contos e descontos. Narrativa reunida (2011)

TRADUCIÓN DO INGLÉS AO GALEGO

Moss / Musgo, de Emily Dickinson (2015)

ESTUDO E ENSAIO EN GALEGO E CASTELÁN

A Galicia misteriosa de Ánxel Fole (1981)

Antonio Machado e Galicia (1989)

Poesía galega (1989)

Arte literaria (1991)

José Ángel Valente (1992)

Comentarios de textos contemporáneos (1992)

Comentarios de textos populares e de masas (1994)

A literatura galega durante a guerra civil (1994)

Material Valente (1994)

Acometida atlántica. Por un comparatismo integral (1996)

Ánxel Fole. Vida e obra (1997)

O mundo lucense de Ánxel Fole (1997)

Ánxel Fole. Unha fotobiografía (1997)

Guía de investigación literaria (1998)

Valente: el fulgor y las tinieblas (2008)

Borges dende o labirinto galego (2009)

Valente vital (Galicia, Madrid, Oxford) (2012)

Borges y todo (Escepticismo y otros laberintos) (2013)

Valente vital (Ginebra, Saboya, París) (2014)

EDICIÓN E INTRODUCIÓN EN GALEGO E CASTELÁN

Contos de lobos, de Ánxel Fole (1985, 1989)

Cántigas de alén, de José Ángel Valente (1987, 1989, 1996)

Con pólvora e magnolias, de X. L. Méndez Ferrín (1989)

Os eidos, de Uxío Novoneyra (1990)

Guerra literaria, de Rafael Dieste (1991)

Verbas de chumbo, de Castelao (1992)

Poesía perdida, de Ricardo Carballo Calero (1993)

Obras reunidas, de Ángel Johán (1993)

Cartafolio galego, de Ánxel Fole (1996)

Obra galega completa, de Ánxel Fole (1997)

A lenda do Gran Inquisidor, de Fiódor Dostoievski (1998)

Cuaderno de versiones, de José Ángel Valente (2001)

Cima del canto, de José Ángel Valente (2002)

Obra literaria completa, de Ánxel Fole (2003)

Obras completas. Ensayos, de José Ángel Valente (2008)

Ensayos sobre José Ángel Valente, de Juan Goytisolo (2009)

Álvaro Cunqueiro en Ortigueira (2011)

Federica no era tonta y otros cuentos, de Eugenio Granell (2012)

Claudio Rodríguez Fer, por Sara Lamas

Claudio Rodríguez Fer, por Sara Lamas