Historia do poema

 

“A cabeleira (Fragmentos)” publicouse por primeira vez na revista Grial, núm. 89, Vigo, xullo, agosto, setembro, 1985, e incluíuse por primeira vez en libro en A boca violeta, Barcelona, Sotelo Blanco Edicións, Colección Leliadoura, 1987, mais axiña apareceu tamén en numerosas revistas e antoloxías tanto en galego como en castelán.

Logo foi traducido ao ruso por Serguey Stépanov en No limiar do novo milenio. Antoloxía da literatura galega, edición de Elena Zernova, Centro de Estudios Galegos da Universidade de San Petersburgo, San Petersburgo, 1999, e ao bretón por Herve ar Bihan, Alan Botrel, Gwendal Denez e María Lopo en Muioc’h kalz eget mil bloaz / Moito máis que mil anos, edición de María Lopo, Lesneven, SKRID, 2000.

A súa primeira edición políglota tivo lugar no número 1 de A tola soñando, Santiago de Compostela, 1995, onde apareceu versión francesa de María Lopo, inglesa de Diana Conchado e castelá de Olga Novo. Esta edición foi ampliada en A cabeleira (Poema en 35 idiomas), publicada en 2015, e, tras presentarse en diversos recitais multilingües en Galicia e Nova York, en A cabeleira (Poema en 60 idiomas), publicada en 2016.

Así mesmo, foi inserido nas compilacións poéticas do autor Vulva, Lugo, Libros da Cebra, 1990, e Amores e clamores (Poesía reunida 1973-2009), Santiago de Compostela, Ediciós do Castro, 2011.

Cuberta de "A Cabeleira"

Cuberta de A cabeleira, con debuxo de Carmen Blanco

caligrama de Carmen Blanco

Contracuberta de A cabeleira, con caligrama de Carmen Blanco